Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: elevación L.M.T. GON 8.06 na Raña.
Situación: concello de Nigrán.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 256 m de lonxitude, con orixe no apoio s/n tipo 2B/14 da L.M.T. GON 8.06, desde o que se fai a derivación aos CC.TT. Prado e A Raña, e remate no apoio existente s/n tipo 400/12, desde o cal continúa a L.M.T. GON 8062311. A instalación está situada na Raña, Concello de Nigrán.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 5 de novembro de 2004.
P.A.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra