Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: C.T. parque industrial II.
Situación: concello de Bueu.
Descricións técnicas: C.T. de 400 kVA R.T. 20 kV/380-220 situado no parque industrial de Castiñeiras, no Concello de Bueu.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 5 de novembro de 2004.
P.A.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra