DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/727-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cans (L.M.T., R.B.T., C.T. Pichel).

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas:

-L.M.T. aérea a 15 kV con condutor tipo LA-56 de 47 m de lonxitude, con orixe no apoio s/n tipo C-1000/18 da L.M.T.A. ao C.T. Louzán e remate no apoio s/n tipo 630/14 da L.M.T. ATI 7.26.

-L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.V. de 147 m de lonxitude, con orixe no empalme coa liña ATI 7.26, á altura da r/ Gulpilleira, e remate no apoio proxectado tipo H.V.H. 1600/13 do cal se fai a derivación ao C.T. Louzán, alimentando en bucle o C.T. proxectado Pichel, de 630 kVA R.T. 15 kV/400-230 V.

-R.B.T. subterránea de 278 m de lonxitude e orixe no C.T. Pichel.

A instalación está situada na zona das Sequeiras, no Concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de novembro de 2004.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra