DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/496-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Troncosa-Silvestre.

Situación: concello de Marín.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 563 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. PSY 806 Vilaboa-Signo 6, entre os CC.TT. Cadrelo e Pereiras, e remate no C.T. que se proxecta, de 100 kVA R.T. 20 kV/400-230 V, situado en Troncosa-Silvestre, San Tomé de Piñeiro, no Concello de Marín. Catro R.B.T. aéreas con condutor tipo R.Z. de 1.386, 1.123, 929 e 163 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de novembro de 2004.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra