DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (580/2004).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 580/2004, seguidos por instancia de Estrella Arias Fernández contra a empresa Eloy Ignacio Ledo Silvarrey sobre cantidade, se ditou a sentenza que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza. En Lugo o 8 de novembro de 2004. Vistos por Fernando Fernández Olmedo, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 580/2004, sobre reclamación por cantidade, en que son partes como demandante Estrella Arias Fernández, representada polo letrado Xermán Vázquez Díaz e como parte demandada a empresa Eloy Ignaci Ledo Silvarrey, a cal non compareceu a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda formulada por Estrella Arias Fernández, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.243,68 euros, á que lle será de aplicación unha recarga por mora do 10% anual. Todo isto, sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais. Notifíquese esta sentenza ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días desde a súa notificación, por conduto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos exixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ao anunciar o recurso de suplicación, ter consignado na

Conta de Depósitos e Consignacións nº 2322-60-nª de autos 580/2004, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos, nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade de obxecto da condena, podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos cales deberá constar o número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión aos autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 580/2004 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado no momento de interpoñer o recurso, caso de ser a

empresa demandada condenada quen o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asino. Fernando Fernández Olmedo. Rubricado.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, o que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Eloy Ignacio Ledo Silvarrey en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Lugo o 23 de novembro de 2004.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA