DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (840/2004).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 840/2004, seguidos por instancia de Luis Manuel López Julio e outros contra a empresa Díaz y Ares Severino e outra sobre despedimento, se ditou a sentenza que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza. En Lugo o vinte e nove de setembro de dous mil catro. Vistos por Fernando Fernández

Olmedo, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 840/2004, sobre reclamación por despedimento, en que son partes como demandantes Luis Manuel López Julio e Constantino Vázquez Bouza, asistidos do letrado Xermán Vázquez Díaz e o mesmo letrado en nome e representación do tamén demandante Miguel Ángel Fernández Matanzas y como parte demandada la empresa Rozas Lucense, S.L.L., representada por Carlos Penabad Prieto e asistido do letrado Oswaldo Sánchez del Río. Non compareceu a empresa codemandada Díaz y Ares Severino, a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que, desestimando a demanda formulada por Luis Manuel López Julio, Constantino Vázquez Bouza e Miguel Ángel Fernández Matanzas fronte ás empresas Díaz e Ares Severiono e Rozas Lucense, S.L.L., absolvo os demandados das pretensións contidas nela. Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asino. Fernando Fernández Olmedo. Rubricado.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, estando celebrando audiencia público no día da súa data, o que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Díaz y Ares Severino en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Lugo o vintetrés de novembro de dous mil catro.

Rubricado