DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (592/2004).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 592/2004, por instancia de María Teresa Pablo Andrade contra

Valdefontes, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentenza con daa do 22-11-2004 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María Teresa Pablo Andrade contra Valdefontes, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e así mesmo extinguida a relación laboral que unía os litigantes a día de hoxe, condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e o aboamento da cantidade de 4.706,05 euros en concepto de indemnización, e os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que ascenden á suma de 4.347,87 euros.

Así, por esta miña sentenza, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que no momento de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0592 04, a cantidade obxecto de condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que deberá facerse contar a responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentenza. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0592 04 e entregar o xustificante na secretaría no

momento de interpoñer o recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Valdefontes, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña a 22 de novembro de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado