DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (15/2004-E).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado co número 15/2004, por instancia de María del Pilar Vilariño Viquendi, sobre separación contenciosa, se ditou sentencia cuxo encebezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza. Na Coruña, o catro de outubro de dous mil catro. Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 15/2004 por instancia de María del Pilar Vilariño Viquendi, representada pola procuradora Sra. Román Masedo contra Alfredo Marcos Monzón Rivadulla, en situación de rebeldía procesual, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando en parte a demanda interposta pola procuradora Nuria Román Masedo, en nome e representación de María del Pilar Vilariño Viquendi, contra Alfredo Marcos Monzón Rivadulla, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Alfredo Marcos Monzón Rivadulla e María del Pilar Vilariño Viquendi, celebrado na Coruña o 10 de xuño de 2000, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Quedar o fillo Alfredo Manuel baixo a garda e custodia da nai, tendo ambos os proxenitores a patria potestade.

2. Establecer a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

A) O fin de semana segundo de cada mes, os sábados desde as 17.00 horas até as 20.00 horas e o demingo desde as 11.00 horas até as 14.00 horas.

B) Os día de Nadal e Reis, desde as 11.00 horas até as 14.00 horas.

3. Fixar en 200 euros mensuais a cantidade que o demandado aboará á demandante por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para o fillo, cantidade que ingresará na conta que aquela designe e que será actualizada anualmente, conforme as variacións que experimente o índice de prezos de consumo.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito perante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma a Alfredo Marcos Monzón Rivadulla, en situación de rebeldía procesual e en ignorado paradoiro, expido este edicto, que asino na Coruña o dezanove de outubro de dous mil catro.

A secretaria xudicial

Rubricado