DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.074

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2004, do tribunal IV-A, designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso ás categorías 007 (garda xurado fluvial-garda de explotación) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre.

En sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2004, o tribunal IV-A, designado pola Orde do 10 de xuño de 2004 para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categorías 007 (garda xurado fluvial-garda de explotación) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado polas ordes do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro), para as quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre, acordou, de conformidade co punto II.1.6 das normas xerais da orde da convocatoria:

Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polos aspirantes que superaron a fase de oposición da categorías 007 (garda xurado fluvial/garda de explotación), polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre, que se atopan expostas na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nas súas delegacións provinciais, así como na páxina web www.xunta.es

Segundo.-Conceder un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para efectos da presentación de alegacións en relación con esta resolución, dirixidas á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2004.

Beatriz Cuíña Barja

Presidenta do tribunal IV-A