DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.074

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de decembro de 2004 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación,dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por Ode do 15 de outubro de 2004 (DOG nº 206, do 22 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pblica de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolver a citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ao funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidad onde actualmente o funcionario preste servizs, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servizos.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous

meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

NRP: 34.983.671.24 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Vázquez González, María Carmen.

Posto de traballo: secretario/a.

Nivel: 20.

Código posto: PR.C01.00.000.15770.001.

Centro directivo: Gabinete Conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.