DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.070

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios do Concello de Arteixo.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios do Concello de Arteixo que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-8-2004, complementado o 21-10-2004, subscrito polo Concello de Arteixo e polos delegados de persoal o 5-5-2004, e ratificado polo Pleno da Corporación na súa sesión de 27-5-2004, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas, segundo a redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial de A Coruña

Acta da mesa xeral negociadora do persoal funcionario do Concello de Arteixo celebrada o 5-5-2004.

Reunidos ás 13.30 horas do día 5 de maio de 2004 na sala de comisións do Concello de Arteixo:

Representantes da Administración municipal:

Rosario Figueiras Icasuriaga, actuando como presidenta.

Isabel Vila Vilas.

Representantes do persoal funcionario:

Daniel Sánchez Villaverde, actuando como secretario.

Jesús Roibal Paseiro.

Roberto García Fernández.

Asisten, ademais, con voz pero sen voto:

Enrique Lema Barca.

Roberto Mosquera López.

Asesora do departamento de persoal: Cristina Garay Aguirre.

Adóptase, entre outros, o seguinte acordo:

2.1. Inclusión dos funcionarios do corpo da policía local no acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario, con posterior elaboración dun

anexo que recolla o regulamento das especiais condicións de traballo deste corpo. Por unanimidade da mesa acórdase a inclusión definitiva do corpo da policía local no acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario, que será aprobado no pleno deste mes de maio de 2004.

Polo tanto, o artigo primeiro do capítulo I do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario do Concello de Arteixo queda redactado da seguinte maneira:

Artigo 1º.-Representación e ámbito persoal.

As partes que concertan este acordo son o Concello de Arteixo e o seu persoal funcionario, incluída a policía local (supeditada a un regulamento específico de organización do traballo, dadas as peculiaridades deste corpo especial de funcionarios), constituídos en mesa xeral de negociación ao abeiro do disposto na Lei 9/1987, do 12 de xuño.

Este acordo obriga o Concello de Arteixo na súa relación co persoal vinculado a el en virtude de relación estatutaria.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por concluída esta xuntanza ás 14.30 horas.

Asinan esta acta as seguintes persoas:

Rosario Figueiras Icasuriaga. Isabel Vila Vilas. Daniel Sánchez Villaverde. Jesús Roibal Paseiro. Roberto García Fernández.