DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 24 de decembro de 2004 Páx. 18.046

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL

REAL decreto 2260/2004, do 26 de novembro, polo que se nomea presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Jesús Souto Prieto.

Por proposta do pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, na súa reunión do día 17 de novembro de 2004, e de conformidade co disposto nos artigos 127.5º e 336 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Nomeo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Jesús Souto Prieto, en provisión da vacante producida por expiración do prazo legal polo que fora nomeado con anterioridade para o mesmo cargo.

Dado en Madrid, 26 de novembro de 2004.

Juan Fernando López Aguilar

Ministro de Xustiza