DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 23 de decembro de 2004 Páx. 17.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de decembro de 2004 pola que se incrementa o crédito orzamentario previsto na Orde do 29 de abril de 2004 pola que se convocan axudas á renovación da frota pesqueira para o exercicio do ano 2004.

A Orde do 29 de abril de 2004 estableceu a convocatoria con cargo ao exercicio 2004 de axudas

para a renovación da frota pesqueira para buques de 12 ou máis metros de eslora total.

Agora é posible incrementar o dito crédito, polo que para tal efecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Incremento de crédito.

Increméntase o crédito orzamentario previsto no artigo 2º da Orde do 29 de abril de 2004, pola que se convocan axudas á renovación da frota pesqueira (DOG do 20 de maio), con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.770.3 na cantidade de 6.059.197,01 euros e con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.721V.770.1 na cantidade de 5.438.615,64 euros que sumados aos 5.895.925,56 euros, totalizan 17.393.738,21 euros, permanecendo invariables o resto de condicións previstas na dita orde e sen que se abra un novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL