DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.568

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EL PROGRESO DE LUGO, S.L.

CONVOCATORIA XII premio xornalístico Puro Cora.

O premio xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en forma de artigos xornalísticos publicados, mostren unha alta consideración da solidariedade, a comprensión entre os homes e a defensa dos valores democráticos.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2005, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., r/ Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 16 de decembro de 2004.

Blanca García Montenegro

Presidenta