DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2004 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servizos de soporte informático para implantación e explotación da aplicación de xestión de expedientes SXPA e outras aplicacións corporativas na nova plataforma tecnolóxica da deputación. (Expediente ref. 04/8749 do Servizo de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servizos de soporte informático para implantación e explotación da aplicación de xestión

de expedientes SXPA e outras aplicacións corporativas na nova plataforma tecnolóxica da deputación.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: un ano.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 90.000 euros.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servizo de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º, 15003 A Coruña. Tfno.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de oito días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 2 de decembro de 2004.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña