DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

No BOP nº 216, do martes 9 de novembro de 2004, páxinas 16 a 20, publícanse as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria para cubrir a seguinte praza vancante de funcionarios, incluídas na oferta de emprego público do ano 2004.

1. Funcionarios.

a) Un técnico de Administración xeral, encadrado no grupo A da escala de Administración xeral, subescala técnica, clase técnico, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse, unicamente, no taboleiro de anuncios do concello.

Gondomar, 11 de novembro de 2004.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde