DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.-PERSOAL.

A Xunta de Goberno Local, en sesion ordinaria que tivo lugar o 11 de novembro de 2004, aprobou as bases xerais e a convocatoria unitaria das prazas de funcionarios de carreira incluídas na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2004 (BOP nº 268, do 20 de novembro).

En sesión ordinaria celebrada polo mesmo órgano o 25 de novembro de 2004, aprobáronse as bases específicas e a convocatoria para a selección de dúas prazas de gardas da policía local (BOP nº 280, do 4 de decembro).

Praza: gardas da policía local.

Escala: especial. Servizos especiais.

Gr./niv.: D/14.

Núm.: 2.

Acceso: quenda libre.

Sistema: oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña cando proceda en caso, e no taboleiro de anuncios do concello.

Carballo, 9 de decembro de 2004.

Evencio Ferrero Rodríguez

Alcalde