DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

EDICTO.

O Pleno Municipal de Boimorto, en sesión extraordinaria do día vinte e seis de novembro de dous mil catro, acordou:

-Aprobar incialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Boimorto redactado por Ceinsa.

-Ratificar o convenio urbanístico subscrito polo alcalde-presidente, José Ignacio Portos Vázquez, con Ángel García Mato e Álvaro Manuel Taboada Veiga, en representación de Explotaciones Porcinas Melide, S.L., que queda incluído na documentación PXOM.

-Someter o Plan xeral de ordenación municipal a informacion pública, polo prazo de 45 días naturais, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co disposto no artigo 85.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así mesmo o anuncio será publicado no taboleiro de anuncios do concello.

-Acordar a suspensión de licenzas de conformidade co establecido no artigo 77 da Lei 9/2002, naqueles ámbitos do territorio onde as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A documentacón do plan xeral que se somete a información pública poderá consultarse nas dependencias municipais de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Boimorto, 9 de decembro de 2004.

José Ignacio Portos Vázquez

Alcalde