DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2004 pola que se anuncia a adxudicación do anexo-reitoría a través de poxa pública de ben inmoble.

Con data 28 de setembro de 2004 publícase no DOG o anuncio da poxa pública do ben inmoble anexo-reitoría e determínase o día 5 de novembro de 2004 como data de celebración da poxa.

Unha vez celebrada a poxa resulta adxudicatario Odilo Rodríguez Otero, con domicilio na rúa Rosalía de Castro, nº 62, baixo, Vigo, por un importe de 2.110.000 euros.

Vigo, 15 de novembro de 2004.

Domingo Docampo Amoedo

Reitor da Universidade de Vigo