DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente P-50/2004, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servizo de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar a resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, poderá interponer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 106/2004, do 27 de maio (DOG do 4 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para todos os efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta Caixa Galicia Cta. Contable 840. Código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ao seu cobramento por la vía de constrinximento.

Para proceder ao aboamento da sanción, deberá utilizar os impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-baixo 2º.

Lugo, 22 de outubro de 2004.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-50/2004.

Denunciado.: Modesta Fernández Fernández.

DNI: 76691425.

Enderezo: lugar de Erbeledo-Ourense.

Feito denunciado: practicar o deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da preceptiva licenza en vigor. Feitos constatados o día 24-4-2004 ás 17.45 h no encoro de Belesar. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación para obter a licenza de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.