DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 8 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 141/2004, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 5 de outubro de 2004, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou resolución do expediente sancionador nº 141/2004 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Víctor Vázquez Esmorís.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Víctor Vázquez Esmorís o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de novembro de 2004.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 141/2004.

Denunciado: Víctor Vázquez Esmorís.

DNI/NIF: 76357708-P.

Último enderezo coñecido: Urbanización Cobelo, nº 12, Cambre.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, Lei xeral de sanidade. Artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.6 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

E o R.D. 202/2000, sobre manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30,05 euros. Trinta euros con cinco céntimos.