DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 8 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 115/2004, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de outubro de 2004, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 115/2004 incoado na

Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Panadería Artesana Coruñesa, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Panadería Artesana Coruñesa, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de novembro de 2004.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 115/2004.

Denunciada: Panadería Artesana Coruñesa, S.L.

DNI/NIF: B-15522501.

Último enderezo coñecido: Historiador Vedía, 18, A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación vixente en materia sanitaria.

Precepto presuntamente infrinxido: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, Lei xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria; o R.D. 2207/1995, sobre normas de hixiene relativas aos produtos alimenticios, cap. I, II, V, VIII, IX.

R.D. 1137/1984, Regulamento técnico sanitario para a fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais, modificado polo R.D. 285/1999, artigos 8.6º; 8.8º; 8.9º; 8.10º; 8.11º e 8.15º.

R.D. 2419/1978, sobre elaboración, fabricación, circulación e comercio de produtos de confeitaría, pastelaría e repostaría, artigos 7.1º; 7.5º; 7.6º; 7.8º; 8 e 9.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30,05 euros. Trinta euros con cinco céntimos.