DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/248).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. en Urbanización As Galanas.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 951 m de lonxitude, con orixe e final en apoio para paso aerosubterráneo que se vai implantar no tram o de liña Biduído-Ponte Espiño, entre o C.T. Balcaide e o C.T. Galanas-Elis, unha vez entre e saia sucesivamente dos CC.TT. nº 1, 2 e 3 de Urbanización As Galanas.

3 centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón, de 400 kVA/U, en Urbanización As Galanas, con tensións de 20/0,400-0,230 kV denominados nº 1, 2, e 3. Concello de Teo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 3 de novembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña