DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/261).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A. polígono de Boisaca.

Situación: Santiago de Compostela.

Denominación técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, que se representan no plano nº 1 con data do 18-11-2004 no polígono de Boisaca:

-De 1 circuíto desde o punto G ao H, de 115 m de lonxitude.

-De 3 circuítos desde o punto H ao I, de 240 m de lonxitude.

-De 2 circuítos desde o punto I ao D, de 16 m de lonxitude.

-De 3 circuítos desde o punto I ao J, de 135 m de lonxitude.

-De 2 circuítos desde o punto J ao F, de 705 m de lonxitude.

-3 apoios, tipo metálico de celosía para pasos aerosubterráneos nos puntos G, H e I.

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, en dobre circuíto con condutor LA-110 desde apoio implantado en punto H a apoios seguintes, de 130 m de lonxitude.

-Centro de distribución prefabricado de formigón en polígono industrial de Boisaca, integrado basicamente, por tres celas de liña e unha de protección en SF6; así mesmo cadro de baixa tensión. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña