DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/344).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. O Graxal, 6.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al:

-De 588 m de lonxitude, con orixe e final na liña que alimenta o C.T. Urbanización Paraíso, en arqueta inmediata ao C.T. indicado, unha vez que entre e saia do C.T. O Graxal, que se vai instalar.

-De 200 m de lonxitude, con orixe en arqueta inmediata ao C.T. Urbanización O Graxal e final en arqueta inmediata ao C.T. Costa da Tapia, 3.

-Centro de transformación subterráneo, en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA, tensións de 15/0,400-0,230 kV, en zona axardinada de Urbanización O Graxal, 6. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de outubro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña