Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as
actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado L.M.T.S., C.T.C. en treito Padrón-Pontecesures.
Situación: Padrón.
Descricións técnicas: modificado ao proxecto de L.M.T.S. e C.T.C. en treito Padrón-Pontecesures, consistente en:
-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 90 m de lonxitude, con orixe e final no tramo de liña existente entre subestación Padrón e o C.T. A Ponte, unha vez que entre e saia do C.T. en edificio de vivendas, que se vai instalar.
-Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en estrada N-550 A Coruña-Vigo. p.k. 83,800. Concello de Padrón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 28 de outubro de 2004.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña