DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/260).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: soterramento L.M.T., R.B.T. nos Dices (colexio).

Situación: Rois.

Descricións técnicas: expediente 04/260. Instalación recollida en anexo a proxecto de soterramento de L.M.T., R.B.T. nos Dices (colexio), consistente en:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 340 m de lonxitude, con orixe en apoio metálico de celosía ao lado do colexio dos Dices e final en apoio inmediato anterior ao C.T. Antequeira, existente.

-Centro de seccionamento, con tres celas de liña ao lado do colexio dos Dices.

-Rede de baixa tensión subterránea, con orixe no C.T. Antequeira, en condutor R.V. de 150 mm Al de 250 m de lonxitude, que se conecta a rede existente. Concello de Rois.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de outubro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña