DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.557

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (464/2004).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 464/2004 por instancia de Luisa Queipo Fernández contra Mercedes Vila Cuervo, S.L., sobre vacacións, nos cales recaeu sentenza o 15 de xullo de 2004 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Luisa Queipo Fernández, declaro o seu dereito ao desfrute das súas vacacións do ano 2004 durante o próximo mes de outubro, condenando a empresa demandada a estar e pasar por esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa María Mercedes Vila Cuervo, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de novembro de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado