DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.556

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (230/2004).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 230/2004 recaeu sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.-En Ribeira o dez de novembro de dous mil catro. Vistos por min, Beatriz Martínez Vega, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Ribeira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas nº 230/2004, pola falta de furto contra Armando Guzmán Rodríguez, titular do permiso de residencia nº 47071725505, e Rolando Augusto Coronado Paiva, titular do DNI nº 44840642, sendo denunciante Cristina Arias San

tiago, titular do DNI nº 53482554, e intervindo como parte acusadora o Ministerio Fiscal,

Resolvo que, en atención ao exposto, debo absolver e absolvo a Armando Guzmán Rodríguez e a Rolando Augusto Coronado Paiva da falta de furto de que viñan sendo acusados; decláranse, así mesmo, as custas de oficio.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que se deberá presentar ante este xulgado, e no cal, redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións en que se basee a impugnación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación a Armando Guzmán Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o 15 de novembro de 2004.

O secretario

Rubricado