DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.556

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais de determinadas categorías, relativos á resolución provisional da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servizo Galego de Saúde.

O punto 1 da base décimo sexta das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), polas cales se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde, dispón que, rematadas as entrevistas e realizada polo tribunal central a valoración dos méritos acreditados polos participantes, se publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición da listaxe provisional coas puntuacións obtidas por cada un dos participantes e cos destinos provisionais adxudicados, de ser o caso, no centro de xestión onde o aspirante optou por realizar a entrevista.

Os aspirantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do citado anuncio, para formularen reclamacións contra a listaxe provisional.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente esta División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar, con carácter provisional, as puntuacións obtidas polos aspirantes que participaron na fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), das seguintes categorías:

aparello dixestivo, bioquímica clínica, cirurxía xeral e aparello dixestivo, medicina preventiva e saúde pública, nefroloxía, pneumoloxía, oftalmoloxía e psiquiatría.

Segundo.-As listaxes poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a listaxe provisional.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA