DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.554

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios.

De conformidade co previsto na base oitava da Resolución do 17 de xuño de 2004 (DOG nº 132, do 9 de xullo) pola que se fai pública a convocatoria do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inpectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, examinadas e resoltas pola comisión de valoración as reclamacións, se é o caso, presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución da primeira fase do concurso.

En consecuencia, este centro directivo,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolto definitivamente o concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores

médicos, inpectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios convocado por Resolución do 17 de xuño de 2004 (DOG nº 132, do 9 de xullo), adxudicándolles aos participantes o destino definitivo segundo a listaxe que se achega como anexo I.

Segundo.-Os prazos de cesamento no actual destino e de toma de posesión nos destinos adxudicados na primeira fase do concurso, que serán os establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, serán anunciados na resolución da adxudicación da segunda fase.

En todo caso, a toma de posesión dos postos de traballo de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios adxudicados como consecuencia da primeira fase do concurso, non se producirá mentres non sexan adxudicados os postos de traballo aos funcionarios de novo ingreso seleccionados mediante o concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de abril de 2003, na segunda fase deste concurso.

Terceiro.-Convócanse todos os aspirantes das clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servizo Galego de Saúde seleccionados mediante o concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de abril de 2003, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo, pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, que se celebrará o día 21 de decembro, ás once horas para inspectores médicos e ás once trinta horas para subinspectores

sanitarios, na sede da División de Recursos Humanos do Sergas, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, agás aqueles aspirantes que se atopen desempeñando, con destino definitivo, un posto de libre designación ou obtido por concurso.

A relación de prazas vacantes que se lles ofertan aos aspirantes seleccionados inclúese no anexo II da presente resolución, e pertencen ás direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

Cuarto.-Os interesados deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ao acto de elección de destino ante a División de Recursos Humanos do Sergas ou as direccións provinciais do Sergas, mediante comparecencia expresa do poderdante e do apoderado.

Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten prazas na forma descrita nos puntos anteriores.

No suposto de que algún dos aspirantes seleccionados estivese desenvolvendo outro posto de traballo no sector público, poderá solicitar por escrito, no dito acto de elección, o pase á situación administrativa que corresponda. Para tal efecto xunto coa

solicitude deberá presentar certificación acreditativa de atoparse en situación de activo noutro posto de traballo do sector público con referencia ao día anterior ao da celebración do dito acto de elección de destino.

Quinto.-Os destinos adxudicados en ambas as dúas fases do concurso serán irrenunciables, agás que, con anterioridade ao remate do prazo de toma de posesión, se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito, nos tres días seguintes, a opción realizada á División de Recursos Humanos do Sergas.

O funcionario ao que por algún dos sistemas previstos nesta resolución se lle adxudique destino e non tome posesión dentro do prazo posesorio que para o efecto se estableza perderá os seu dereitos, pasando á situación administrativa que lle corresponda no seu corpo, escala e clase, con excepción daqueles que, no acto de toma de posesión soliciten e lles corresponda o pase a outra situación administrativa.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a ningunha indemnización.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO I

Inspectores médicos

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO POSTODENOMINACIÓNCENTRO DE DESTINOLOCALIDADE

BRAÑAS TATO, PEDRO M35546784CSA020000515770014INSPECTOR MÉDICOSUBD. X. INSP. SANITARIASANTIAGO DE COMPOSTELA

FERNANDEZ-ARRUTI LOPEZ, BIBIANO33220682SGS991010136590002INSPECTOR MÉDICOINSPECCION SANITARIAVILAGARCÍA DE AROUSA

GETINO GARCIA, M. PILAR9713248CSA020000515770013INSPECTOR MÉDICOSUBD. X. INSP. SANITARIASANTIAGO DE COMPOSTELA

LARRIBA GARCIA, ANTONIO35249808SGS991010136001005INSPECTOR MÉDICOINSPECCION SANITARIAPONTEVEDRA

MARTIN BIEDMA, INMACULADA76510664SGS991010115770005INSPECTOR MEDICOINSPECCION SANITARIASANTIAGO DE COMPOSTELA

MARTINEZ-ROMERO FERNANDEZ, JUAN32414017SGS991000715001020INSPECTOR MEDICODIR. PROV. SERGASA CORUÑA

PEREIRA FERNADEZ, CARLOS34919753SGS991000732001012INSPECTOR MEDICODIR. PROV. SERGAS OURENSE

PEREZ OROZCO, JULIO CESAR33845234SGS991000727001014INSPECTOR MÉDICODIR. PROVI. SERGASLUGO

RIVAS VARELA, PURIFICACIÓN33853348SGS991000727001010INSPECTOR MÉDICODIR. PROVI. SERGASLUGO

SARACHO PORTELA, ANA35549532SGS991000736560018INSPECTOR MÉDICODIR. PROV. SERGASVIGO

SORIANO PAREDES, FRANCISCO9697620SGS991000727001013INSPECTOR MEDICODIR. PROVI. SERGASLUGO

Postos obtidos na fase de resultas

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO POSTODENOMINACIÓNCENTRO DE DESTINOLOCALIDADE

BELLVER MOREIRA, ISABEL45273091SGS991000736560024INSPECTOR MEDICODIR. PROV. SERGASVIGO

ROMERO MIGUEL, JOSE LUIS32778007SGS991000715001027INSPECTOR MEDICODIR. PROV. SERGASA CORUÑA

GÓMEZ POMBO, MARIA CELSA 76519307SGS991000715001022INSPECTOR MEDICODIR. PROV. SERGASA CORUÑA

Inspectores farmacéuticos

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO POSTODENOMINACIÓNCENTRO DE DESTINOLOCALIDADE

ALVARO ESTEBAN, PILAR MERCEDES3443165SGS991000715001031INSPECTOR

FARMACEUTICO

DIR. PROV. SERGASA CORUÑA

Subinspectores sanitarios

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO POSTODENOMINACIÓNCENTRO DE DESTINOLOCALIDADE

MALLEN TEJADA, PILAR36033768SGS991000736560049SUBINSPECTOR

SANITARIO

DIR. PROV. SERGASVIGO

ANEXO II

A) Inspectores médicos:

Nº ORDECÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓN DO POSTONIVELGRUPOCORPO/ESCALACENTRO DE DESTINOLOCALIDADE

1SGS991010115350001INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.INSPECCIÓN SANITARIAFERROL
2SGS991010115350002INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.INSPECCIÓN SANITARIAFERROL
3SGS991000727001011INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.DIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
4SGS991010127085001INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.INSPECCIÓN SANITARIABURELA
5SGS991010127300001INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.INSPECCIÓN SANITARIAMONFORTE
6SGS991000732001014INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.DIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
7SGS991000732001015INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.DIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE
8SGS991010132090001INSPECTOR MÉDICO26A1.2.9. / 5.INSPECCIÓN SANITARIAO BARCO

B) Subinspectores sanitarios:

Nº ORDECÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓN DO POSTONIVELGRUPOCORPO/ESCALACENTRO DE DESTINOLOCALIDADE

1SGS991000715001035SUBINSPECTOR SANITARIO20B2.2.2. / 8.DIRECCIÓN PROVINCIALA CORUÑA
2SGS991000715001037SUBINSPECTOR SANITARIO20B2.2.2. / 8.DIRECCIÓN PROVINCIALA CORUÑA
3SGS991000727001023SUBINSPECTOR SANITARIO20B2.2.2. / 8.DIRECCIÓN PROVINCIALLUGO
4SGS991010127085004SUBINSPECTOR SANITARIO20B2.2.2. / 8.INSPECCIÓN SANITARIABURELA
5SGS991010127300004SUBINSPECTOR SANITARIO20B2.2.2. / 8.INSPECCIÓN SANITARIAMONFORTE
6SGS991000732001027SUBINSPECTOR SANITARIO20B2.2.2. / 8.DIRECCIÓN PROVINCIALOURENSE