DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.552

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 10 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 001, do grupo V (camareiro/a-limpador/a e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polo que se fan públicos varios acordos do tribunal.

En sesión celebrada o día 7 de decembro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 12 de agosto de 2004 (DOG nº 162, do 20 de agosto), para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outras), do grupo V, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, sistema de acceso libre e quenda de promoción interna, convocado polas ordes do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro),

ACORDOU:

1. De conformidade coa Resolución do 3 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se procede a rectificar as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos neste proceso selectivo, e tendo en conta a inclusión nestas de Estrella Rodríguez Fernández con DNI: 76996950-B que realizou o seu exame condicionado á revisión da súa solicitude; este tribunal acorda por unanimidade proceder á corrección do exame do primeiro exercicio deste proceso selectivo, da citada aspirante e facer pública para xeral coñecemento a puntuación obtida por ela, correspondéndolle unha cualificación de 15,20 puntos.

2. Advertido erro material na cualificación dun aspirante, na publicación do acordo deste tribunal polo que se lle dá publicidade ás puntuacións obtidas

no primeiro exercicio; por unanimidade acórdase proceder á corrección deste dándolle a correspondente publicidade.

Onde di: «Mercedes Roma Blanco con DNI: 35441191-P----15,20 puntos», debe dicir: «Mercedes Roma Blanco con DNI: 35441191-P----16,00 puntos».

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.

José Manuel Maceira Caldelas

Presidente do tribunal V-B