DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 10 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 001, do grupo V (camareiro/a-limpador/a e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesións dos días 1 e 7 de decembro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 12 de agosto de 2004 (DOG nº 162, do 20 de agosto), para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outras), do grupo V, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, sistema de acceso libre e quenda de promoción interna, convocado polas ordes do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro),

ACORDOU:

1. Desestimar as reclamacións presentadas ás preguntas do segundo exercicio da fase de oposición deste proceso selectivo, facéndose constar en consecuencia que a única pregunta anulada tanto para o exame da quenda de acceso libre coma para a de promoción interna é a número 26, por decisión unánime do tribunal xa adoptada o mesmo día, durante a realización do citado exercicio.

2. Facer públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición da categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outras), quenda de promoción interna e de acceso libre, que se atopan expostas no taboleiro de anuncios do recinto Feira Internacional de Galicia en Silleda, nos servizos de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, así como na páxina web www.xunta.es.

3. De conformidade co disposto na base II.2.1.b) da convocatoria de acceso libre superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos na proba, fixándose en trinta e dúas (32) o número de respostas correctas para obter a dita puntuación.

Igualmente, no caso da quenda de promoción interna e de conformidade co disposto na base II.2.1.b) da convocatoria superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos na proba, fixándose en trinta e dúas (32) o número de respostas correctas para obter a dita puntuación.

4. Os aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas en relación á puntuación acadada no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte a aquel no que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

5. Lémbraselles aos aspirantes que, consonte coa base II.1.6, desde a data da publicación deste anuncio no DOG, dispoñen dun prazo de 20 días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso que pretendan facer valer. Non se terá en conta toda aquela documentación presentada fóra do prazo.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.

José Manuel Maceira Caldelas

Presidente do tribunal V-B