DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 12 de agosto de 2004 para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG núm. 252, do 30 de decembro),

ACORDOU:

1. Facer públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición, sistema de acceso libre e quenda de promoción interna e cambio de categoría, que se atopan expostas no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, nos servizos de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, así como na páxina web www.xunta.es.

2. De conformidade co disposto na base II.2.1 b) da Orde do 19 de decembro de 2003 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ao grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia), sistema de acceso libre, superaron o segundo exercicio da fase de oposición os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

3. De conformidade co disposto na base II.2.1 b) da Orde do 19 de decembro de 2003 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ao grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia), pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, superaron o segundo exercicio da fase de oposición os aspirantes que obtiveron como mínimo doce puntos e medio (12,5), fixándose en 35 o número de respostas correctas exixidas para acadar a dita puntuación.

4. Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coa puntuación acadada no prazo de tres (3) días contados desde o seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Non se convocan os aspirantes da quenda de promoción interna e cambio de categoría ao terceiro exercicio, previsto na base II.2.1 c) da convocatoria, xa que todos os aspirantes están exentos por ter acreditada a posesión do curso de perfeccionamento de galego.

6. De acordo co establecido na base II.1.6 da convocatoria, desde a data de anuncio de publicación

no DOG das notas do segundo exercicio da fase de oposición, os aspirantes da quenda de promoción interna e cambio de categoría disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso, así como a documentación acreditativa das condicións establecidas na convocatoria e a fotocopia compulsada do título exixido en relación co anexo I, ou certificación académica que acredite ter realizados todos os estudos para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite, de modo que faga fe, a posesión do correspondente título académico.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.

Gemma Montero Gamarra

Presidenta do tribunal III-M