DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.550

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 084 (oficial 1ª calefactor) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 3 de decembro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 3 de xuño de 2004 para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 084 (oficial 1ª calefactor) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 19 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 252, do 30 de decembro),

ACORDOU:

1. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición da categoría 084 (oficial 1ª calefactor) quenda de promoción interna, que tivo lugar o día 2 de novembro de 2004, relacionados no anexo deste anuncio.

2. De conformidade co disposto na base II.2.1. b) da convocatoria, superaron o segundo exercicio da fase de oposición os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 12,5 puntos na proba.

3. Non se convoca o terceiro exercicio, previsto na base II.2.1. c) da convocatoria, xa que todos os aspirantes están exentos por ter acreditado a posesión do curso de perfeccionamento de galego.

4. De acordo co disposto na base II.1.6. desde a data de publicación no DOG das notas do segundo exercicio da fase de oposición, os aspirantes disporán dun prazo de 20 días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso, así como a documentación acreditativa das condicións establecidas na base I.2.1.3 da convocatoria e a fotocopia compulsada do título exixido en relación co anexo I, ou certificación académica que acredite ter realizados todos os estudos para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

Ángel Bernardo Tahoces

Presidente do tribunal III-K

ANEXO

DNIApelidosNomePuntuación

76357772ABestilleiro LouroJosé Manuel20,62

32798579GDeive NovoMarcos12,50