DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.550

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso ao corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 27 de maio de 2004, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertido erro na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 238, do 9 de decembro de 2004, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 16.854, no primeiro parágrafo onde di: «... de conformidade co establecido na base

III.10...», debe dicir: «... de conformidade co establecido na base III.9...».