DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.540

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo da empresa Cycsa y Eyssa-UTE Vigo, S.A. (ORA).

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo da empresa Cycsa y Eyssa-UTE Vigo (ORA), con nº de código 3602102, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 3-11-2004, subscrita pola comisión negociadora do convenio o 7-9-2004. De conformidade co disposto na cláusula adicional do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de novembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta do acordo final:

-Representación social:

Luis Cordobés Álvarez

Julio Fernández Collazo

Carlos Martín Landín Guillén

-Representación empresarial:

Ernesto Rodríguez Comesaña

Luis Manuel Jiménez Sánchez

Na cidade de Vigo, ás 12.00 horas do día 7 de setembro de 2004, reúnese nos locais da empresa Cycsa-Eyssa UTE Vigo, S.A. a comisión negociadora

do convenio, co obxecto de aprobar os seguintes puntos:

Despois de diversas deliberacións, as partes acordan:

1. Aprobar a táboa salarial para o ano 2004, co incremento medio das catro provincias galegas (total 9,09%), dando cumprimento á cláusula adicional do convenio colectivo en vigor.

2. Dar traslado deste acordo á autoridade laboral para o seu rexistro e posterior publicación no BOP.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión, asinando os presentes en proba de conformidade.

Nota: as táboas aplicaranse con carácter retroactivo (1 de xaneiro de 2004) e aplicaranse na nómina do mes de setembro.

ANEXO I

Cycsa y Eyssa UTE Vigo, S.A.

Taboa salarial do persoal adscrito ao servizo de ordenanza e regulación de aparcamentos (ORA) da cidade de Vigo

Vixencia: 1 de xaneiro de 31 de decembro de 2004

Revisada con 9,09% sobre a táboa salarial vixente o 31-12-2003

Categorías

Salario base

C. asistencia

C. calidade

C. extrasalarial

Pagas extras

Ver./Nadal/ bene.

Total anual

Encargado 27,67 A5,95 A22,84 A5,61 A830,10 A21.086,65 A

Ofic. mant. 24,97 A5,37 A12,17 A5,61 A749,10 A17.079,40 A

Vixilante22,48 A4,53 A------5,61 A674,40 A12.732,98 A

Op. emisora22,48 A------6,54 A5,61 A674,40 A13.229,45 A

Ofc. 2ª admtv.684,70 A------193,22 A115,47 A684,70 A13.974,78 ?

Aux. admtv.684,70 A------132,92 A115,47 A684,70 A13.251,18 A