DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 3 de decembro de 2004 pola que se convocan subvencións a empresas privadas para a creación de hoteis.

No eido do turismo faise cada día máis patente a necesidade de adaptar as empresas de servizos turísticos ás exixencias de maior calidade que se observa que demandan os mercados. Os establecementos de aloxamento, como oferentes de servizos, inciden directamente na configuración e calidade do produto turístico galego, xa que se atopan plenamente inmersos na súa xestión e comercialización.

Un dos factores máis importantes que motivan un axeitado movemento nas empresas hoteleiras é, sen dúbida, a súa calidade de servizos e a prestancia das súas instalacións e, dun tempo a esta parte, estase a advertir no mercado unha crecente demanda da figura da hotelaría que a comercialización, a oferta turística, denomina hoteis con encanto situado, na maioría das veces en zonas naturais ou urbanas que, coas súas especiais características (ambientais, patrimoniais, históricas, etc.), configuran estes establecementos como singulares na oferta e cunha crecente demanda no mercado turístico.

O obxecto da presente orde é o de fomentar que os particulares creen este tipo de establecementos ben dende a restauración de inmobles ou desde a súa construción e nun espazo físico que polas súas características determine a creación dun hotel con encanto o cal poderíamos configuralo tanto desde os referidos parámetros de situación en lugares dun grande valor patrimonial, histórico, ambiental, como

dende os construtivos (axeitados, no caso de novas construcións, á tipoloxía galega sen esquecer todos os avances arquitectónicos e tecnolóxicos) como de prestación de servizos dun alto nivel e cunha decoración axeitada ao medio e a construción onde, por encima de todo e conxugando tódolos elementos prime a calidade e autenticidade.

En consecuencia e con cargo aos créditos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo asignados para esta finalidade e tendo en conta os límites de intensidade establecidos no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia e, con base no establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia en concordancia co sinalado no artigo 74 da dita lei e tendo en conta o determinado no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia que pola súa conceptuación como actividade turística considérase incentivable ao abeiro do antedito Decreto 172/2001 e así mesmo tendo en conta as determinacións da orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e de

25 de outubro de 2001, e sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, convócanse axudas destinadas á creación de hoteis é polo que

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os investimentos dirixidos á creación, mediante nova construción ou rehabilitación e/ou restauración de edificacións, de hoteis que, con base no establecido no Decreto 267/1999, do 30 de setembro, pola que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros, se poidan incluír nas especialidades de hotel de natureza, montaña, rústico, monumentos ou outras que, polas súas singulares características de situación, tipo de edificación, materiais empregados, deseño da construción e servizos, se poidan catalogar para efectos de comercialización turística no que se ven denominando hoteis con encanto.

Estes establecementos, obxecto de subvención, non poderán superar unha oferta aloxativa de máis de 75 prazas.

Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se acometan para a creación dos hoteis obxecto desta orde como, se é o caso, a adecuación do contorno e as actuacións de recuperación ambiental e dos elementos de arquitectura, a cultura e a sociedade tradicional e os honorarios técnicos. Non se considera subvencionable ningún tipo de equipamento nin mobiliario. Así mesmo tampouco formará parte do investimento subvencionable a lenzaría, menaxe, vaixelas e análogos

nin a adquisición de terreos, nin ningún tipo de taxa ou imposto.

Artigo 2º.-Determinacións orzamentarias.

Ás ditas concesións, que se imputarán á aplicación orzamentaria 10.05.651 A. 770.2 destínase un crédito de 1.047.503,60 A, distribuídos en 3 anualidades, a saber, no ano 2005, 316.356,94 A, no 2006, 156.946,66 A e no 2007 574.200 A. Rexerase o disposto nos artigos 16.2º e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos do pagamento correspondente ás anualidades dos exercicios do 2005, 2006, e do 2007 sendo nestas axudas posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen a porcentaxe máxima do investimento subvencionable ao legalmente establecido.

Os proxectos que se recollen nesta orde como accións subvencionables poderán acadar unha axuda económica de ata o 20% sobre o investimento subvencionable. Á dita cantidade engadiráselle 6.100 A por posto de traballo a crear con carácter indefinido e que supere a porcentaxe mínima de contratación estable que, para ser beneficiario de subvención, se exixe nesta orde.

A porcentaxe máxima de axuda non poderá superar, en ningún caso, o 40% do custo do proxecto en termos de subvención neta.

O importe total da subvención será distribuído en tres anualidades.

No caso de que os proxectos presentados ao concurso de subvención obxecto desta orde fosen de tal importancia para os obxectivos turísticos e, tal feito determinase que se fixera preciso ampliar o importe do crédito determinado neste artigo, a Dirección Xeral de Turismo fará a correspondente proposta nos termos establecidos na normativa orzamentaria.

Artigo 3º.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios de subvencións para a creación de establecementos hoteleiros, con carácter xeral, ás empresas turísticas, así como as de nova creación e as agrupacións delas.

Os investimentos que se subvencionen deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. O investimento mínimo subvencionable non poderá ser inferior a trescentos mil euros.

2. Os proxectos que se presenten serán globais, é dicir, estarán contidos nunha única solicitude e abarcarán todas as obras e equipamentos precisos para a posta en marcha do establecemento hoteleiro una vez rematada a intervención e no prazo a que, conforme a presente orde, se compromete o beneficiario.

Artigo 4º.-Obrigas dos solicitantes.

Os solicitantes da subvención para a creación de establecementos hoteleiros adquiren os seguintes compromisos e obrigas:

1. Manter a súa actividade durante un período mínimo de quince anos, contados desde a data de concesión de autorización de apertura expedida pola Administración turística ou, se é o caso, desde cando se reemprenda a actividade. Así mesmo , e de conformidade co artigo 8.5º do Decreto 172/2001, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia, e o punto 4.10º das directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional, deberán manter os investimentos subvencionados durante un período mínimo de 5 anos.

2. Crear os postos de traballo a que se compromete na declaración xurada reflectida no anexo II nun prazo de 5 anos contados dende a data da realización íntegra do investimento subvencionado e mantelos durante un período de 5 anos.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que vaia efectuar pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

4. Comunicar á Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

5. A reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido pola subvención concedida así como os correspondentes xuros de demora devengados dende o momento do pagamento, nos seguintes casos:

-Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

-Incumprimento da obriga de xustificación nos prazos e termos establecidos nesta orde.

-Obter obtida a subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

-Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Superar a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

-Por revogación da subvención concedida por non terse xustificado o investimento mínimo subvencionable.

6. Adscribirse á central de reservas que, se é o caso, cree a Administración turística galega.

7. Executar o proxecto de total conformidade co presentado ao concurso de subvencións ou, se é o caso, o modificado coa autorización da Administración turística galega.

8. A facilitar datos, de forma periódica ou logo de requirimento da Administración turística galega, sobre a ocupación rexistrada no establecemento.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes de subvención, xunto coa documentación que a continuación se especifica presentarase, por exemplar duplicado, na delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo correspondente á provincia de localización do investimento, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de corenta días naturais contados dende o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I.

b) Anexo II.

c) Copia cotexada do DNI e do NIF do solicitante ou do CIF cando corresponda.

d) Proxecto básico, elaborado por técnico facultativo competente, visado polo colexio profesional, que conterá:

-Fotografías do inmoble, exteriores, interiores e do contorno.

-Memoria explicativa do proxecto e xustificación das solucións adoptadas.

-Orzamento do investimento no que se incluirá, especificándose cada un deles, o importe da execución material así como o custo da redacción do proxecto e da dirección de obra e todo o equipamento proposto, segundo o anexo técnico da folla resumo xeral do orzamento que deberá de estar na memoria do mesmo.

-Planos de localización do investimento.

-Planos do estado actual, se correspondesen e do proxecto.

-Relación exhaustiva (indicando calidades) dos materiais e acabados propostos.

-Relación detallada dos mobles e equipamentos (débese indicar calidades, situacións e número) que se van instalar.

-Prazo previsto para a execución.

-Memoria explicativa de adecuación ao contorno das actuacións, que se é o caso corresponda, de recuperación ambiental e elementos de arquitectura, cultura e sociedade tradicional así como equipamentos e servizos.

-Memoria explicativa e exhaustiva, tamén asinada polo promotor, do tipo de servizos para prestar no establecemento.

-Memoria explicativa das accións encamiñadas á implantación de sistemas de calidade específicos para empresas hoteleiras que conduzan á obtención da correspondente certificación de aseguramento de calidade.

-Proxecto de decoración de toda a edificación e, se é o caso, do contorno.

O dito proxecto deberá estar informado favorablemente polo xefe de Servizo de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística da Dirección Xeral de Turismo.

e) Anexo técnico.

f) Proxecto de explotación do establecemento proxectado.

g) Licenza urbanística, que posibilite a execución do investimento para o que se solicita subvención. No caso de carecer dela no momento de realizar a solicitude de subvención, bastará a presentación dun informe urbanístico, emitido polo concello, no que se indique que o proxecto para o que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística vixente no municipio. Coa primeira solicitude de pagamento será obrigatoria a presentación da antedita licenza urbanística.

h) Para os proxectos promovidos por persoas xurídicas, achegarase copia autenticada dos seus estatutos, nos que se indicará, con dilixencia do seu secretario, que estes son os vixentes.

i) No caso de que o investimento proxectado supoña a creación dunha empresa será preciso achegar declaración xurada do promotor ou do representante legal de que a nova empresa vai axustarse a tódalas condicións que se sinalan para os destinatarios.

j) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

k) Se é o caso, solicitude debidamente motivada para que, por circunstancias de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades do sector ou da empresa concreta, se solicite á Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos que autorice de xeito excepcional a non exixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obter a consideración de beneficiario da axuda.

2. Os interesados emendarán os defectos dos expedientes das solicitudes de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de non facelo teranse por desistidos na súa petición logo de resolución ditada para o efecto.

3. As compulsas que procedan para toda a documentación que se especifica nesta orde faranse nos correspondentes servizos centrais ou provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 6º.-Selección das solicitudes e resolución.

As solicitudes, ás que se lles achegará un informe emitido pola respectiva Delegación Provincial de Turismo no que se deberá indicar se o proxecto para

o que se solicita subvención cumpre a normativa de ordenación turística así como a clasificación hoteleira que lle correspondería, serán estudadas por unha comisión técnica constituída pola titular da Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación, que a presidirá, actuando como vogais un representante de cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os xefes dos servizos provinciais de turismo e os xefes de servizo de Fomento e Promoción, de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística e de ordenación do turismo da Dirección Xeral de Turismo e o xefe de área de xestión de calidade de Turgalicia. Exercerá as funcións de secretario da comisión o antedito xefe de Servizo de Fomento e Promoción.

1. Para a valoración das solicitudes teranse en conta, en orde decrecente, os seguintes criterios:

1º A localización do investimento atendendo á súa situación e para isto terase en conta: a situación en áreas rurais con tendencia á despoboación; áreas termais con afloramentos susceptibles de explotación turística; zonas costeiras con elementos configuradores de produto turístico náutico o pola súa fisonomía tradicional mariñeira; o interese do espazo en relación a figuras de protección ambiental ou a declaración oficial como turístico do municipio.

2º Análise do destino en relación á calidade dos accesos, das infraestruturas básicas e a oferta de servizos de utilización turística.

3º O estado actual e as características da edificación conforme parámetros arquitectónicos que permitan a súa utilización turística.

4º Número de postos de traballo para crear e o grao de estabilidade deles.

5º As características da rehabilitación atendendo fundamentalmente á recuperación do patrimonio arquitectónico tradicional.

6º A oferta de servizos proxectada para o establecemento que supere a exixida pola normativa reguladora do establecemento.

7º Incorporación a plans de calidade normalizados e recoñecidos nos mercados, en particular os homologados polo Instituto da Calidade Turística Española.

8º A relación entre a oferta de servizos proxectada para o establecemento que supere a exixida pola normativa reguladora do establecemento e o investimento proxectado.

9º Que o solicitante sexa beneficiario dun programa de novos emprendedores do Instituto Galego de Promoción Económica.

10º A inadecuación entre a oferta hoteleira e a demanda destes servizos na zona.

11º Estar localizado o investimento nun municipio incluído nalgún Plan de dinamización ou excelencia turística.

12º A incidencia que nos recursos turísticos ten na área do investimento consonte estudos e análise aprobados pola Dirección Xeral de Turismo.

13º Non estar localizado o investimento nun municipio incluído nalgún outro programa de axuda que persiga os mesmos fins.

2. Esta comisión, á vista dos expedientes, dos informes emitidos e dos informes que considere necesarios, analizará e cualificará os proxectos e, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias elevará á directora xeral de Turismo os acordos adoptados por ela. Dos ditos acordos redactarase a correspondente acta.

3. O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo ditará as resolucións de concesión ou se é o caso, de denegación de subvencións. Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, contados ambos prazos desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución. A resolución de concesión determinará o importe da subvención concedida, con cargo ás disposicións orzamentarias para os anos 2005, 2006 e 2007.

No caso de concesión de subvención trala resolución dun recurso administrativo as datas para a presentación da documentación a que fai referencia o artigo 7º.1 desta orde así como os prazos establecidos no artigo 9º.1 teranse que determinar no acto que resolva o dito recurso. As ditas datas e prazos no poderán ser, en ningún caso, posteriores ao 30 de xuño de 2007.

4. Entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que non recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados dende a data de publicación da orde.

Artigo 7º.-Requisitos das subvencións.

No prazo de corenta días naturais desde o día seguinte á notificación da concesión da subvención, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Turismo a seguinte documentación por exemplar duplicado:

a) Aceptación da subvención segundo modelo anexo III.

b) Proxecto de execución definitivo, visado polo colexio profesional correspondente, da acción subvencionada, no que se incluirá programa de obras que determinará a previsión anual de execución do investimento, consonte a resolución de concesión.

c) O dito proxecto e programa, que teñen que ser conformes co determinado na resolución de concesión da subvención, e para os efectos da súa validez para incorporar ao expediente, deberán contar con informe favorable do polo xefe do servizo de investimentos e supervisión técnico-turística da Dirección Xeral de Turismo.

c) Certificación da entidade bancaria acreditativa do número de conta e do CIF/NIF do beneficiario.

d) Documento acreditativo ou contrato, do nomeamento do director da obra e director da execución material da obra.

Se a documentación non reúne os requisitos necesarios, concederase un prazo de dez días para cumprilos segundo o establecido no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Transcorrido o sinalado prazo de corenta días naturais ou o de requirimento de ser o caso, procederase a declarar os interesados que non cumpran o sinalado neste artigo decaídos no seu dereito ao trámite correspondente logo de resolución ditada para o efecto e anularase a subvención concedida.

Artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios da subvención deberán comenzar a execución do proxecto durante o ano 2005 debendo estar rematado con tempo dabondo para xustificar o investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde, aínda que tamén poden ser subvencionados os proxectos iniciados con anterioridade ao ano 2005, sempre e cando os solicitantes acheguen certificación valorada, asinada por técnico facultativo, das obras realizadas, as cales non computarán para os efectos de investimento subvencionable.

2. Os proxectos que se subvencionen terán que publicitar a colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo-Dirección Xeral de Turismo, tanto durante a realización das obras como posteriormente, mediante un cartel que se exhibirá en sitio ben visible. As características do dito cartel, así como a súa localización e contido serán indicados polos correspondentes servizos provinciais de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario da subvención.

3. Os proxectos que se subvencionen terán que cumprir o disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e as normas regulamentarias de desenvolvemento.

Artigo 9º.-Xustificación e pagamento das subvencións.

1. Os beneficiarios de subvencións concedidas terán como data límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, que se deberá realizar de conformidade co programa de obras, as seguintes:

Fase do 2005: 1 de novembro do 2005.

Fase do 2006: 1 de outubro do 2006.

Fase do 2007: 30 de xuño do 2007.

Se a documentación non reúne os requisitos necesarios, concederase un prazo de dez días para cumprilos segundo o establecido no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procedendo a declarar decaídos no seu dereito aos interesados que non cumpran o disposto neste artigo logo de resolución ditada ao efecto.

De non xustificarse o investimento executado correspondente a primeira anualidade, quedará anulada toda a subvención.

De non xustificarse o investimento executado nos prazos indicados, anularase a subvención correspondente á dita anualidade.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas. Se o investimento xustificado fose menor, e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ao investimento non xustificado.

3. Para percibir a subvención os beneficiarios remitirán á Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por triplicado exemplar, a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobro segundo o modelo do anexo IV.

3.2. Facturas e certificación por conceptos, modelo oficial que se compón de carátula, certificación en orixe, por partidas e capítulos segundo medicións e prezos previstos no proxecto de execución, elaborada polo arquitecto e arquitecto técnico da obra, relativa á obra executada coa súa valoración e, no caso de obra rematada, tamén se achegará certificado de fin de obra.

3.3. Licenza urbanística, que posibilitase a execución do investimento subvencionado. O dito documento é preceptivo, de non presentalo antes da primeira solicitude de pagamento, a Dirección Xeral de Turismo anulará á subvención concedida.

3.4. Certificados de estar ao día nas suas obrigas tributarias coas facendas do Estado e da comunidade autónoma e nas obrigas coa Seguridade Social e que non se ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración da comunidade autónoma.

3.5. Acta de manifestacións, en escritura pública, onde se recollan os compromisos aos que se fai referencia no artigo 4º e no anexo II da presente orde. Este documento será obrigatorio presentalo coa primeira solicitude de pagamento.

3.6. Antes do derradeiro aboamento os beneficiarios deberán achegar, xunto co resto da documentación, declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

3.7. Cando se solicite o pagamento da anualidade do 2005 ou do 2006 ou 2007, ademais da presentación da documentación indicada no punto 3 do presente artigo, tamén deberán concorrer as seguin

tes circunstancias e condicións ás que fai referencia o artigo 16.2º do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Deberá solicitalo o interesado.

b) Deberá xustificarse non só o investimento senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto á subvención concedida ata ese momento con cargo ao proceso de investimento aprobado.

c) O importe que se poida satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario nin tampouco superar o 80% do total da subvención concedida.

d) Os pagamentos parciais quedarán condicionados ao resultado da liquidación definitiva da subvención.

3.8. En calquera caso os pagamentos parciais teranse que garantir conforme o determinado no artigo 17 do anteriormente sinalado Decreto 287/2000, do 21 de decembro.

A garantía ou aval deberá cubrir o importe dos anticipos ou pagamentos fraccionados xunto cos xuros destes calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude do pagamento e como mínimo aquela en que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto na norma reguladora ou convocatoria.

Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

Poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto da presente orde, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Disposicións adicionais

Primeira.-A condición de beneficiario de subvención, sen prexuízo dos demais requisitos que nela se establecen, só poderá adquirirse cando polo menos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante de axuda teña contratos por tempo indefinido.

A porcentaxe de estabilidade mínima laboral, no caso de empresas con menos de 10 traballadores e para os efectos de adquirir a condición de beneficiario de subvención será dun 33%.

Non será preciso dar cumprimento aos anteditos requistos de estabilidade laboral no caso de que a subvención concedida sexa inferior a 60.101 A.

Segunda.-As modalidades de contratos aceptados na presente orde, para os efectos de creación de emprego son:

I. Autoemprego.

II. Indefinidos.

III. Fixos-descontinuos.

Deberá sinalarse se a xornada é a tempo completo ou se se trata de xornada partida.

Todo isto con independencia de se a cotización á Seguridade Social se fai a través do réxime xeral ou especial de traballadores por conta allea ou polo de traballadores autónomos.

Se é o caso, e para o cálculo da equivalencia ao ano, procederase a dividir a suma de horas traballadas, pola xornada anual de actividade, determinando este resultado o número de postos creados.

O cumprimento das condicións relativas á creación de emprego acreditarase mediante o oportuno certificado do organismo laboral competente.

Terceira.-De xeito excepcional, logo de petición do solicitante, e coa debida motivación, en casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos poderá autorizar a non exixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obter a consideración de beneficiario da axuda.

Cuarta.-Para os efectos desta orde entenderase como creación de emprego a reconversión de postos de traballo temporais en postos de traballo fixos.

Disposición transitoria

Todos os actos ditados nos expedientes de gasto regulados ao abeiro desta orde entenderase condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron aqueles. A concesión das subvención reguladas na presente orde estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Disposición derradeira

En todo o non recollido na presente orde aplicarase o disposto, para esta materia, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e as súas disposicións de desenvolvemento, así como no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e nas correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo