DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de decembro de 2004 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2, establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega aos licenciados en filoloxía e aos diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Conceder a validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a

seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 26 de novembro de 1993:

Orlando Molares Molares (36057303).

Mª José Vidal Dopazo (33297693).

Lucía Durán Paredes (78739708).

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expediralles os correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria