DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 2004, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e dos organismos autónomos Instituto Galego de Estatística (IGE), Servizo Galego de Saúde (Sergas) e Instituto Galego de Consumo (IGC).

As especiais dificultades materiais e técnicas que exixe o desempeño de determinados postos de traballo correspondentes ás consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e dos organismos autónomos Instituto Galego de Estatística (IGE), Servizo Galego de Saúde (Sergas) e Instituto Galego de Consumo (IGC), exixen a modificación das actuais relacións de postos de traballo das referidas consellerías e organismos autónomos incluíndo os complementos salariais obxecto desta modificación, nos postos de traballo que se relacionan no anexo a este acordo.

En consecuencia, por proposta das referidas consellerías, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de decembro de 2004, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a vixente relación de postos de traballo das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e dos organismos autónomos Instituto Galego de Estatística (IGE), Servizo Galego de Saúde (Sergas) e Instituto Galego de Consumo (IGC), nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a publicación das ditas modificacións no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Os efectos económicos dos complementos salariais obxecto desta modificación retrotraeranse ao día 1 de xaneiro de 2004.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de decembro de 2004, relativo á modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Educación e Ordenación Universitaria; Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Sanidade; Pesca e Asuntos Marítimos; Xustiza, Interior e Administración Local; Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Medio Ambiente; Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e dos organismos autónomos Instituto Galego de Estatística (IGE), Servizo Galego de Saúde (Sergas) e Instituto Galego de Consumo (IGC), coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública