DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: obras de acondicionamento de local para as oficinas xerais de promoción económica.

Tipo de licitación: 77.332,30 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso e procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se exixe.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Tlfno.: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Tlfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 54 23 04. Correo electronico: plopezb*aytocompostela.es

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 1.546,65 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.30 horas, o segundo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2004.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde