DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de exposición ao público da modificación puntual do Plan Parcial SAU-2, no Sector Residencial de Alta Densidade en Contacto coas Brañas.

Aprobada inicialmente, por resolución da alcaldía de data 22 de novembro de 2004, a modificación puntual do Plan Parcial SAU-2, no Sector Residencial de Alta Densidade en Contacto coas Brañas, tramitado por instancia de Arcolar, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto Alejandro Martínez González, sométese este a información pública por prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, dous días consecutivos,

durante o cal os interesados poderán examinar o expediente na secretaría municipal e presentar cantas alegacións estimen oportunas.

Sada, 25 de novembro de 2004.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde