DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria realizada o día 2 de decembro de 2004, prestou aprobación inicial o Plan Xeral Municipal de Ordenación.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do territorio e protección do medio rural de Galicia, co fin de que os interesados poidan, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, presentar as alegacións que consideren oportunas.

A Pobra do Caramiñal, 2 de decembro de 2004.

Isaac Maceiras Rivas

Alcalde-presidente