DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

EDICTO.

O Pleno corporativo municipal, en sesión extraordinaria do 29 de novembro de 2004, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Paradela; para efectos do establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, ábrese un trámite de información pública polo prazo dun mes, durante o cal as entidades e os particulares poderán presentar as suxestións e reclamacións que consideren oportunas.

De conformidade co establecido no artigo 77.2º e 3º, parágrafo 21, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas, cunha duración máxima de dous anos contados desde a data de aprobación inicial, naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento nos cales as novas determinacións do plan supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente.

Paradela, 1 de decembro de 2004.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente