DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

Contratación da obra de formación de praza nas inmediacións da casa do concello, 2ª fase e da obra de formación de área recreativa no centro de saúde.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Paderne.

2. Obxecto do contrato: realización da obra de formación de praza nas inmediacións da casa do concello, 2ª fase segundo proxecto técnico e da obra de formación de área recreativa no centro de saúde, segundo proxecto técnico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 179.087,56 euros.

5. Prazo de execución: 6 meses.

6. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c) e grupo k, subgrupo 5 e 6, categoría c).

8. Información, exposición de pregos, documentación complementaria e obtención de copias.

Na Casa do Concello de Paderne, rúa Consistorio nº 10 Paderne (15314). Teléfono: 981 79 70 01, fax: 981 79 70 35.

De conformidade co disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1968, os pregos quedan sometidos a exposición pública polo período de 8 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, e poderá ser consultado no rexistro xeral de 9.00 a 14.00 horas, para os efectos de reclamacións.

9. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, durante 26 días naturais, que come

zarán a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

10. Documentación.

A que figura nos pregos.

11. Apertura de propostas.

Ás 12.00 horas do primeiro martes seguinte ao día no que remate o prazo de presentación de proposicións.

12. Gastos de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a pagar os gastos de publicación de anuncios nos diarios oficiais.

Paderne, 30 de novembro de 2004.

César Longo Queijo

Alcalde presidente