DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPP-2/2004).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 2 de novembro de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar a alegación formulada pola Asociación de Veciños Uxío Carré de Eirís, representada por Manuel Vilaboy Ramil.

Segundo.-Estimar as alegacións formuladas por Manuel Iglesias Bermúdez e outros, Esther López Pérez e Antonio Viqueira Pena e Pilar Sánchez Bestilleiro.

Terceiro.-Aprobar definitivamente o documento refundido da modificación puntual ao sector de solo

urbanizable S-6 Eirís, presentado no rexistro municipal o 19 de outubro de 2004 e promovido por Julio Álvarez Conchado en nome e representación de Conchado e Asociados, S.A.

Este acordo pon fin á vía administrativa, e pódese interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación ou a publicación; todo iso de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Os gastos desta publicación serán por conta do promotor.

A Coruña, 5 de novembro de 2004.

Francisco Javier Losada de Azpiazu

Concelleiro delgado de Urbanismo