DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de novembro de 2004, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Manuel Rodríguez Boubeta, o requirimento de pagamento acordado no expediente de desafiuzamento administrativo P-012/03.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de novembro de 2004.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-832 (expte. desaf.: P-012/03).

Cta.: 67.

Nome: Manuel Rodríguez Boubeta.

Enderezo: avda. de Castelao, nº 28, 3º A, en Vigo, Pontevedra.

Impago débeda: 317,52 A.