DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ACORDO do 2 de decembro de 2004, da Zona Centro do ente público Portos de Galicia, polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas nas instalacións náutico-deportivas do porto de Ortigueira.

Atopándose vacantes prazas de atracada para embarcacións deportivas nas instalacións náutico-deportivas do porto de Ortigueira, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada nas ditas prazas, polo período necesario para que se cubran todas as prazas ou Portos de Galicia decida pechalo por razóns de interese portuario, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na avenida Alférez Provisional, 1, 1º, 15006 A Coruña, nas oficinas de Portos de Galicia no porto de Cariño e na páxina web de Portos de Galicia: www.portosdegalicia.com.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 27 de decembro de 2004.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

A Coruña, 2 de decembro de 2004.

Manuel García Blanco

Enxeñeiro xefe da Zona Centro de Portos de Galicia