DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público en réxime concesional para a explotación de estacións de depuración de augas residuais urbanas de clave OH.315.639/XSP e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto de cada contrato.

1º Descrición do obxecto: explotación da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira. Ortigueira (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.639/XSP.

Orzamento base de licitación ou orzamento de explotación da concesión. Importe total: un millón setecentos noventa e sete mil cento dezasete euros con corenta e cinco céntimos (1.797.117,45 A).

Prazo de execución: cento oitenta (180) meses (15 anos).

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de servizos do grupo O, subgrupo 4 e categoría a.

Garantía provisional: dous mil trescentos noventa e seis euros con dezaseis céntimos (2.396,16 A).

2º Descrición do obxecto: explotación da estación depuradora de augas residuais de Alfoz-O Valadouro. Alfoz e O Valadouro (Lugo).

Número de expediente: OH.327.418/XSP.

Orzamento base de licitación ou orzamento de explotación da concesión. Importe total: un millón cincocentos sesenta mil seiscentos cincuenta e catro euros con setenta e cinco céntimos (1.560.654,75 A).

Prazo de execución: cento oitenta (180) meses (15 anos).

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de servizos do grupo O, subgrupo 4 e categoría a.

Garantía provisional: dous mil oitenta euros con oitenta e sete céntimos (2.080,87 A).

3º Descrición do obxecto: explotación da estación depuradora de augas residuais de Arcade-Soutomaior. Soutomaior (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.598/XSP.

Orzamento base de licitación ou orzamento de explotación da concesión. Importe total: dous millóns oitocentos setenta e un mil cento setenta e nove euros con vinte e cinco céntimos (2.871.179,25 A).

Prazo de execución: cento oitenta (180) meses (15 anos).

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar as solvencias exixidas, quedando eximido da presentación destas, coa achega da clasificación como empresa de servizos do grupo O, subgrupo 4 e categoría b.

Garantía provisional: tres mil oitocentos vinte e oito euros con vinte e catro céntimos (3.828,24 A).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-A empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistería Copy Estudio na rúa Nova de Abaixo nº 19-20 (galerías), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 59 33 85.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratación.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día 29 de decembro de 2004.

5. Requisitos específicos do contratista.

-A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institución financeira ou, de ser o caso, xustificante da existencia dun seguro

de indemnización por riscos profesionais (artigo 16, letra a) do TRLCAP) e declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servizos ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios (artigo 16, letra c) do TRLCAP).

-A solvencia técnica ou profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico do que disporá o empresario para a realización do contrato (artigo 19, letra b) do TRLCAP) e unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes (artigo 19, letra e) do TRLCAP).

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o día 29 de decembro de 2004, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura realizarase o día 28 de xaneiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

-Modalidade contractual: concesión.

-A tarifa máxima de explotación e a súa revisión, así como o caudal de deseño anual das instalacións figuran nos correspondentes cadros de características do contrato.

-Garantía definitiva: catro por cento (4%) dos ingresos previstos durante o primeiro ano de explotación, para cada un dos contratos indicados no punto 2 anterior.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.

Emilio García Gallego

Presidente da empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos