DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 16 de decembro de 2004 Páx. 17.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de elaboración do proxecto e execución da obra de clave OH.327.322.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto do contrato.

-Descrición do obxecto: implantación de infraestruturas para o control de calidade. Colectores xerais e estación depuradora de augas residuais da Pastoriza. A Pastoriza (Lugo).

Número de expediente: OH.327.322.

Orzamento base de licitación. Importe total: novecentos corenta e dous mil cento cincuenta e tres euros con cincuenta e catro céntimos (942.153,54 A).

Prazo de execución (meses): trinta e dous (32).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c, e grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Garantía provisional: non se exixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña); teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistaría Copynino, na rúa Xeneral Pardiñas nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela; teléfono e fax: 981 58 89 38.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratación.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 30 de decembro de 2004.

5. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: a exixida para o contrato do punto 2 anterior.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 30 de decembro de 2004, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: segundo o especificado no cadro de características do contrato.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura realizarase o 18 de xaneiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

a) Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación, para o contrato indicado no punto 2 anterior.

b) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Cofinanciamento da Unión Europea: as actuacións referidas á obra do punto 2 anterior están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun oitenta por cento (80%).

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2004.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos

Hidráulicos